
28 dic 2010
Saavedra Veteranos
Foto da S.D. Saavedra Veteranos, que compite na 1ª División Provincial de Veteranos, e co que colaboramos coa cesión de parte da equipación (gracias Moncho pola foto).
24 dic 2010
FELICIDADES!!
26 nov 2010
CESTA DE NADAL
Xa temos outro ano máis a cesta que sorteamos coa lotería de Nadal do 22 de Decembro. Boa festa pode armar a quen lle toque...Sorte a tod@s os que firmaron.
16 nov 2010
1ª MATANZA
Pois xa fixemos a primeira matanza desta tempada. E como non, a consecuente chorizada. Así que xa sabedes, xa hai chourizos frescos e zorza (previa encarga por favor). Empeza a época do colesterol, excesos, etc., nada que non se cure cun bo licor de herbas...
10 nov 2010
O COCIDO DA PELÍCULA 18 COMIDAS
A piques está de estrearse a nova película do director rabadense Jorge Coira e do actor chairego Luis Tosar: 18 comidas. Por ahí andivo en diferentes festivais con moi boa crítica. O 12-Novembro chega aos cines, agardemos que nalgún de Lugo a poñan. Por certo, o cocido que sae nunha das historias é de Casa Varela, e tamén as bebidas espirituosas coas que o equipo de rodaxe soportou frio e horas de gravación.
8 nov 2010
LOTERÍA DE NADAL
Recordade que este ano volvemos a xogar o mesmo número de sempre, a ver si se equivoca e toca. Hai décimos (20 €) e participacións de 10 e 5 €. Non esperedes aos últimos días que despois quedades sen ela...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)