28 dic 2010

Saavedra Veteranos

Foto da S.D. Saavedra Veteranos, que compite na 1ª División Provincial de Veteranos, e co que colaboramos coa cesión de parte da equipación (gracias Moncho pola foto).

24 dic 2010

FELICIDADES!!



Aquí está a gañadora da cesta de Nadal deste ano, Remedios Botana, de Friol, que asinou no número 50. Noraboa e que a disfrutes!

26 nov 2010

CESTA DE NADAL

Xa temos outro ano máis a cesta que sorteamos coa lotería de Nadal do 22 de Decembro. Boa festa pode armar a quen lle toque...Sorte a tod@s os que firmaron.

16 nov 2010

1ª MATANZA


Pois xa fixemos a primeira matanza desta tempada. E como non, a consecuente chorizada. Así que xa sabedes, xa hai chourizos frescos e zorza (previa encarga por favor). Empeza a época do colesterol, excesos, etc., nada que non se cure cun bo licor de herbas...

10 nov 2010

O COCIDO DA PELÍCULA 18 COMIDAS


A piques está de estrearse a nova película do director rabadense Jorge Coira e do actor chairego Luis Tosar: 18 comidas.  Por ahí andivo en diferentes festivais con moi boa crítica. O 12-Novembro chega aos cines, agardemos que nalgún de Lugo a poñan. Por certo, o cocido que sae nunha das historias é de Casa Varela, e tamén as bebidas espirituosas coas que o equipo de rodaxe soportou frio e horas de gravación.

8 nov 2010

LOTERÍA DE NADAL

Recordade que este ano volvemos a xogar o mesmo número de sempre, a ver si se equivoca e toca. Hai décimos (20 €) e participacións de 10 e 5 €. Non esperedes aos últimos días que despois quedades sen ela...